CRTVG

Buscar

Iván Ares perde o liderado no Rally da Nucía tras sufrir outra picada nunha roda

Publicado o 09/11/2019 14:31

Pepe López é o líder a falta de catro treitos

Por terceiro rally seguido e cando ía líder, Iván Ares volveu picar unha roda.
Foi no cuarto treito da mañá do Rally de La Nucía, en Alacante. O galego era líder claro con dez segundos de vantaxe sobre Pepe López. A picada fíxolle perder 16 segundos e o liderado, que agora é para o piloto madrileño, con cinco segundos de vantaxe sobre Ares.

O de Cambre aínda aínda ten opcións de vitoria nos catro treitos da tarde.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019