CRTVG

Buscar

Iván Ares necesita 150.000 euros para rematar o campionato

Publicado o 16/05/2017 14:56

Despois de tres probas, o piloto de Cambre mantense na loita por gañar o Nacional de Rallys

Iván Ares saíu moi reforzado dos dous ralis canarios. Xa é segundo no campionato de España, a só dous puntos e medio do aragonés Cristian García.

O campionato chega agora a Galicia. Agardan as citas de Ourense e Ferrol, citas marcadas en vermello polo cambrés. 

O que lle quita o sono agora a Ares é completar o orzamento para cubrir a totalidade do calendario. 

O piloto galego precisa atopar 150.000 euros para garantir a presenza en tódalas probas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2017