CRTVG

Buscar

Iván Ares lidera o rally de Adeje

Publicado o 10/05/2019 20:30
Iván Ares lidera o rally de Adeje

Iván Ares é o primeiro líder do Rally de Adeje, terceira proba puntuable para o Campionato de España de Rallys de Asfalto. Con tres tramos finalizados, Iván Ares lidera a xeral a algo máis dun segundo de 'Cohete' Suárez. Surhayen Pernía é terceiro a case tres segundos do galego. Iván Ares busca reeditar o título obtido en 2017. Lembren que o piloto de Cambre foi segundo en Serra Morena e a semana pasada no Rally das Illas Canarias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019