CRTVG

Buscar

Iván Ares entre os favoritos do Rally Princesa de Asturias

Publicado o 13/09/2018 21:37

Lembren que mañá arranca o Rally Princesa de Asturias, puntuable para o Nacional de Asfalto. Entramos no ecuador do campionato. Miguel Fuster suma catro puntos de vantaxe sobre o cambrés Iván Ares. 

A segunda parte da temporada ábrese co Rally Princesa de Asturias desta fin de semana. Completarán o campionato os rallys de Llanes, Santander, La Nucia e Madrid. Os dous dominadores do campionato, Miguel Fuster e Iván Ares, competirán desde o venres na casa do terceiro en discordia, Cohete Suárez.

Iván Ares coñece ben as estradas asturianas. Gañou este rally os dous últimos anos. O campionato non admite ningún despiste. Un erro, por exemplo, na monta dos pneumáticos pode ser determinante. Iván Ares subiuse ao podio en 16 das 17 últimas carreiras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2018