Iván Ares está entre os favoritos no Rally de Ferrol
Publicado o 20/08/2020 14:54
Iván Ares ten unha espiña cravada e pretende quitala en Ferrol. Non saíu satisfeito do Rally de Ourense, a primeira proba do campionato de España, malia que foi segundo.
Unha pelexa que prevé moi pechada entre os tres grandes e Víctor Senra.
O Rally de Ferrol ten poucos segredos para o piloto cambrés, que advirte do seu perigo.
Para limitar ao máximo os erros traballa arreo o seu copiloto David Vázquez. As anotacións non poden fallar.