Iván Ares comeza un 2021 moi ambicioso
Publicado o 12/01/2021 15:52
O 2021 chega con novidades de calado para Iván Ares. O piloto cambrés fará as tres primeiras probas do Europeo, dúas delas, en terra.
O que fora campión de España sobre asfalto entende que os novos tempos esixen o dominio de ámbalas modalidades.
Considera o Europeo un escaparate idóneo nese novo escenario.
O piloto galego xa realizou as primeiras probas na Pobra de Trives esta pasada fin de semana.