CRTVG

Buscar

Iván Ares abandona o Campionato Galego

Publicado o 25/04/2016 21:20

A Federación Galega obrígao a colocar unha brida no seu Porsche para que perda potencia

A nova da tarde é que Iván Ares, gañador das dúas primeiras probas do Campionato Galego de Rallys e líder, deixa esta competición, non a vai correr máis esta temporada.

O motivo é que a Federación Galega obrígao a colocar unha brida no seu Porsche para que perda potencia. Estivemos con Iván Ares esta tarde para que nos explique as razóns da súa polémica decisión.

Pola famosa brida, Iván Ares tamén deixara o Campionato de España despois de desputar tamén dúas probas. Dixera entón que correría alí onde o queiran. Decidiu que o seu sitio estaba en Galicia pero agora a Federación Galega toma a mesma decisión que a Federación Española.  

A decisión estaba xa tomada, pero decidiuse esperar para coñecer ata onde chegaba a superioridade do Porsche.

"Fomos ao rally de Lalín e ao rally de Noia, os dous primeiros do campionato de Galicia, para ver se isto sucedía. Aparte de moitas queixas doutros pilotos que son competidores, sabemos que Iván Ares é un piloto extremadamente rápido e aínda por riba cunha vantaxe que o coche lle daba", declarou Iván Corral.

A brida no motor leva o nome de Iván Ares, dominador dos últimos seis rallys do campionato galego. O piloto de Cambre gañounos con solvencia mesmo cando simultaneaba o campionato de España e o de Galicia. No Rally da Ribeira Sacra e no da Ulloa os segundos clasificados tamén foron un Porsche.
Nas probas de Ferrol e Ourense do ano pasado, Ares sacou entre dous e tres minutos ao segundo clasificado, outro Porsche igual ca o seu.

"O coche non ten a culpa nin el tampouco, pero nós temos que tentar que os coches se igualen por arriba, non por abaixo. O coche segue a ser un coche gañador. Sábeo todo o mundo. Nun coche que pasa de 400 cabalos que lle saquen 70 non hai problema ningún", comentou o presidente da Federación Galega.

Na Federación Galega recoñecen que a decisión prexudica a Iván Ares

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2016