CRTVG

Buscar

IU e o PCE querélanse contra Xoán Carlos I por ata 13 supostos delitos

Publicado o 06/12/2018 10:47
IU e o PCE querélanse contra Xoán Carlos I por ata 13 supostos delitos

Esquerda Unida e o PCE presentaron unha querela en Tribunal Supremo contra Xoán Carlos I en que o acusan da posible comisión de ata 13 delitos, entre eles suborno, fraude, tráfico de influencias e constitución de grupo criminal.

A querela tamén vai dirixida contra a amiga do rei emérito Corinna zu Sayn-Wittgenstein; o director do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), Félix Sanz Roldán; o ex-comisario José Manuel Villarejo e os empresarios Juan Miguel Villar Mir e Juan Villalonga, segundo informaron fontes da formación de esquerdas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018