IU decide en marzo se vai con Podemos nas xerais
Publicado o 22/02/2019 15:12
As bases de Izquierda Unida van decidir en dez días se reeditan ou non a alianza con Podemos para concorrer ás eleccións xerais. A coordinadora federal do partido vai aprobar este sábado os procesos para esta consulta e a convocatoria das primarias para elixir os seus candidatos. Os afiliados poderán responder se están de acordo con que Izquierda Unida "concorra en coalición electoral con Podemos". O resultado coñecerase o 12 de marzo, e dende a dirección da formación din que están preparados para "calquera escenario".