CRTVG

Buscar

Italia supera por vez primeira os 30.000 novos casos de covid nun día

Publicado o 30/10/2020 21:33

En Italia xa se barrunta o confinamento, pero non de todo o país nin tran estrito como na primeira vaga. Desta volta podería ser circunscrito ás rexións máis afectadas, con colexios abertos e con traballo presencial. Antes, esta fin de semana o Goberno italiano ten que avaliar os resultados das últimas restricións que ordenaban o peche de teatros, cines e ximnasios e a limitación da apertura de bares e restaurantes. Unhas restricións que xeraron a protesta dos sectores afectados.

En Italia barállase o confinamento, pero en Francia é unha realidade desde este venres. É un confinamento nacional, pero non tan restritivo como o da primeira onda, pódese ir traballar, os colexios están abertos e a lista de comercios esenciais é máis ampla. Así estarán polo menos ata o 1 de decembro. Este novo confinamento agravará a recesión económica. O Goberno calcula agora unha caída da economía do 11 por cento.

Irlanda é o outro país de Europa cun confinamento nacional decretado ata o primeiro de decembro, como en Francia.
No Reino Unido o Goberno insiste en que fará todo o posible por evitar o confinamento. Só está vixente en Gales. O resto de zonas máis afectadas
seguen con restricións. No Reino Unido faleceron nas últimas horas 280 persoas e rexistraron máis de 23.000 novos casos.

Precisamente osss novos casos alcanzaron un novo máximo en Alemaña con máis de 18.600. O luns entrarán en vigor as novas restricións consensuadas polo Goberno e os estados: o peche de bares e restaurantes, do ocio ou da cultura

 

Noticias web

30/10/2020