CRTVG

Buscar

Italia rexistrou 531 contaxios nas últimas 24 horas, a cifra máis baixa en seis días

Publicado o 25/05/2020 09:31

Nas últimas 24 horas, Italia sumou 531 contaxios, a cifra máis baixa en seis días.
A día de hoxe, os enfermos son algo máis de 56.000 persoas, mil cen menos que o día anterior.
O 84 por cento deles están illados nos seus domicilios e 8.600 hospitalizados, 553 en coidados intensivos.
A Lombardía, a rexión máis afectada pola pandemia, non notificou ningunha morte por coronavirus na última xornada.
No resto de Italia morreron 50 persoas e a cifra total de vítimas desde o inicio da pandemia aproxímase ás 33.000.

Noticias web

25/05/2020