CRTVG

Buscar

Italia rescata 47 migrantes dunha barca envorcada cerca de Lampedusa

Publicado o 20/02/2021 19:31

A Garda Costeira e a de Finanzas italianas rescataron o sábado de madrugada 47 migrantes dunha embarcación que envorcou a unhas 15 milllas ao sur da illa de Lampedusa. Os gardacostas sacaron da auga 47 persoas e desde Catania engalou un helicóptero para buscar posibles desaparecidos.
O salvamento produciuse nunha xornada especialmente intensa nas operacións de rescate ante o elevado número de barcas con migrantes na zona.

Un barco dunha ONG española salvou o venres 102 migrantes, entre eles un bebé e oito mulleres que agardan a bordo que algún país europeo lles permita chegar a porto e desembarcar.




 

Noticias web

20/02/2021