CRTVG

Buscar

Italia, o país europeo con máis vítimas mortais por covid-19

Publicado o 13/12/2020 15:12

Italia convértese no país europeo con máis vítimas mortais provocadas pola covid-19 e supera o Reino Unido. O último boletín amosa que faleceron seiscentas corenta e nove persoas, que fan un total de 64.036. O Goberno espera que as próximas medidas, que entrarán en vigor durante as vacacións do Nadal, melloren a situación. 

Aínda que os contaxios descenden, non ocorre o mesmo cos falecementos pola covid-19 en Italia. Desde finais de novembro ata comezos de decembro os mortos por día son uns 700 aproximadamente. As causas desta mortalidade descoñécense pero o Goberno é optimista porque os contaxios baixan. En novembro, os novos positivos en 24 horas chegaron aos 40.000 e na última semana non superan os 20.000. Ademais, espérase que a vacina chegue a finais de xaneiro e que axude a frear a pandemia.

Con todo isto, a blindaxe establecida para as vacacións do Nadal permanece intacta. Toque de queda ás 10 da noite, tamén nos días de festa como a Noiteboa, cando ata as cerimonias do Vaticano comezarán ás 7:30 da tarde en lugar de ás 10 da noite para permitir que os fieis presentes regresen á casa a tempo. 

 

 

Noticias web

13/12/2020