CRTVG

Buscar

Italia mantén o toque de recollida durante o Nadal sen excepecións

Publicado o 30/11/2020 15:48

E en Italia, dan por perdidas as festas do Nadal na rúa. O ministro de Asuntos Rexionais de Italia, Francesco  Boccia, adiantou que se manterá o toque de recollida nacional que comeza ás 22.00 horas durante todo o mes de decembro e que non haberá excepcións para as festas de Nadal e Noitevella.

"Hai que celebrar a Noitevella? Celebrarémola en casa. Se decidimos que hai toque de queda, pois un volve a casa independentemente do que haxa. Hai que facelo", dixo, reiterando que non haberá excepcións ao toque de recollida en Nadal e Ano Novo nunha entrevista na canle televisiva Rainews.

Boccia explicou que nestes momentos está a poñerse a punto o novo decreto que establecerá as normativas anticontaxio para o mes de decembro e adiantou que será difícil que se relaxen as medidas. "Creo que ninguén quere unha terceira vaga, e para evitala hai que seguir con rigor e distanciamento social. É difícil un relaxamento das normas", destacou.

Noticias web

30/11/2020