Italia impón test e corentena de cinco días para turistas da UE

Italia imporá unha proba negativa de coronavirus antes de entrar no país e unha corentena de cinco días, con outra proba posterior, para aquelas persoas que cheguen ou regresen dos países da Unión Europea nas vacacións de Semana Santa.
O ministro de Sanidade Italiano, Roberto Speranza, asinou unha ordenanza en que dispón estas medidas logo das críticas recibidas pola posibilidade de permitir a entrada ou saída de turistas nos festivos mentres o país se atopa confinado.
Ata o momento, podíase regresar dos países comunitarios cunha proba PCR negativa, pero sen corentena. Si era obrigatorio o illamento ao volver de Australia, Tailandia ou Nova Zelandia. Ademais, estaba prohibido regresar dende o Reino Unido, O Brasil ou O Xapón.
Os colectivos hoteleiros e turísticos manifestaran a súa indignación polas normas que impedían que a poboación marchase de vacacións dentro do país pero puidese viaxar ao estranxeiro.
"Non podo saír da miña vila, pero si voar ás Canarias. É absurso mentres o 85 % dos hoteis italianos permanecen pechados", explicaba Bernabò Bocca, presidente de Federalberghi, a asociación que reagrupa os hoteleiros do país, nunha entrevista este luns no Corriere della Sera.