CRTVG

Buscar

Italia comeza este luns a probar a súa vacina contra a covid-19 en 90 voluntarios

Publicado o 23/08/2020 19:27

Italia empeza este luns nun hospital de Roma a experimentar en humanos a vacina contra o coronavirus creada e producida no país alpino. Milleiros de persoas responderon á convocatoria na busca de voluntarios, uns 5.000 só a semana pasada, pero finalmente van ser 90 os que sexan sometidos ás probas no Instituto de Enfermidades Infecciosas Lazzaro Spallanzani.

A vacina creada e patentado pola empresa biotecnolóxica italiana Rithera superou as probas preclínicas tanto in vitro coma en animais.

Os primeiros resultados mostran unha forte resposta inmunitaria e un bo perfíl de seguridade. A rexión da Lazio, con capital en Roma, investiu 5 millóns de euros na vacina.

Os cinco primeiros voluntarios son homes de entre 31 e 46 anos e se non se observan efectos adversos significativos pasarán ao seguinte grupo que recibirá unha dose maior. Os 90 voluntarios divídense entre grupos de idade de 18 a 55 anos e de 65 a 85. Na fase 1 a cada un inxectaráselle unha dose da vacina e logo cada paciente vai ser sometido a sete controis, o último ás 24 semanas. Moitos dos voluntarios son médicos. Se os resultados son positivos, a fase 2 xa podería comezar en outono, con máis voluntarios, en Italia e noutros países.