CRTVG

Buscar

Italia amplía as medidas contra a covid ata marzo

Publicado o 14/01/2021 16:26

En Italia xa falan dunha terceira onda de covid máis destrutiva ca as anteriores. Ante esas expectativas, o Goberno decidiu prorrogar o estado de emerxencia e tamén as medidas de restrición que están vixentes. 

O estado de emerxencia prolóngase esta vez ata o 30 de abril, máis aló dun mes, que era o habitual ata o de agora. As restricións mantéñense, de momento, ata o cinco de marzo. O decreto do Goberno establece como novidade a creación da denominada zona branca, onde a vida poderá ser relativamente normal, sempre que a incidencia sexa inferior a 50 casos por 100.000 habitantes, algo que non se dá, polo de agora, en ningunha rexión do país, que superou xa os 80.000 mortos.

 

Noticias web

14/01/2021