CRTVG

Buscar

"Isto parece unha guerra", así describe a situación un enfermeiro de Madrid

Publicado o 25/03/2020 10:07

Guillén del Barrio é enfermeiro de urxencias do hospital madrileño La Paz e atende a chamada do Bos días nada máis terminar a súa quenda no hospital.

"Isto parece unha guerra", di o enfermeiro. "Chegan moitos doentes e ao día seguinte chegan máis e máis. Non temos camas".

"Para que teñan unha idea, as urxencias do hospital La Paz, unha das máis grandes de Madrid, ten unha capacidade dunhas 100 camas e esta noite había unhas 250 persoas pendentes de ingresar. A capacidade está moi superada. Temos doentes no ximnasio, nos corredores, nunha carpa... e o persoal non dá feito".

Noticias web

25/03/2020