Israel recúa e volve facer obrigatorias as máscaras en interiores
Publicado o 25/06/2021 21:16

En Israel, tan só dez días despois de retiralas, volven ser obrigatorias as máscara nos interiores.
Desde que se sacaron, a incidencia subiu de maneira preocupante, polo que o Goberno ordenou de maneira urxente que volvan ser obrigatorias.
As autoridades sanitarias do país recomendan usalas tamén en grandes concentracións nos espazos exteriores.