CRTVG

Buscar

Israel e Hamas pactan unha tregua para a faixa de Gaza tras a escalada bélica

Publicado o 10/08/2018 12:16

Medra a tensión bélica en Oriente Medio despois dunha cadea de ataques e represalias que se saldan, esta semana, coa morte dunha nena palestina e a súa nai embarazada e 18 feridos. Estes últimos, corresponden ao bombardeo, por parte de Israel dun edificio cultural de cinco plantas en Gaza. Israel di que o atacou como resposta á ofensiva de Hamás.

Ao termo da reunión do gabinete de seguridade israelí, o primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, pedía "non quedar cos brazos cruzados". Non é só unha mensaxe directa de advertencia a Hamás, senón tamén unha declaración para contentar á dereita israelí que lle pide unha resposta máis contudente, preocupada polas recentes demostracións de forza das milicias palestinas que lanzaron máis de 180 cohetes nas últimas 24 horas. 

Israel atacou tamén outros tantos obxectivos en Gaza. Entre eles, o Teatro e Cenro Cultural Said Meshaal, no que 18 palestinos resultaron feridos graves. 

Esta semana, morreron tamén dous milicianos de Hamas e unha nena de 18 meses xunto coa súa nai embarazada polos ataques de Israel que -como xustificación- amosa en imaxes os seus propios cidadáns civís feridos polos ataques palestinos á cidade de Beer Sheeva.

Era a primeira vez desde 2014 que as milicias de Hamás lanzan un mísil contra esta cidade. Ataques que se desenvolven de xeito pararelo a unhas negociacións, coa mediación de Exipto, que polo momento non deron resultados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018