CRTVG

Buscar

Israel chega a un acordo histórico cos Emiratos Árabes e suspende temporalmente a anexión de Cisxordania

Publicado o 14/08/2020 08:40

Israel chega a un acordo histórico para normalizar relacións cos Emiratos Árabes Unidos e suspende temporalmente a anexión de Cisxordania. O pacto foi anunciado polo presidente norteamericano, Donal Trump, que mediou entre as partes.

Mentres, Palestina rexeita este acordo. Selar a paz e establecer relacións diplomáticas. Este acordo asinarase nos vindeiros días en Washington. O novo entendemento contempla ademais pactos bilaterais en materia de investimentos económicos, turismo e aviación, seguridade ou telecomunicacións.

O primeiro ministro israelí destacou que a enerxía, a auga e a innovación tecnolóxica son outros capítulos básicos. A cambio de conseguir a normalización de lazos cun terceiro Estado do mundo árabe, despois de Exipto e Xordania, Israel acepta suspender temporalmente a anexión parcial de Cisxordania.

Esta acordo tamén permitirá que os fieis musulmáns de todo o mundo poidan peregrinar á mesquita da Al Aqsa, terceiro lugar sagrado do islam situado na Cidade Vella de Xerusalén, mediante voos directos desde Abu Dhabi a Tel Aviv.

Mentres, Palestina, que estivo á marxe da negociación, rexeita o acordo, que considera unha traizón ao plan avalado pola comunidade internacional de crear un Estado palestino.

Noticias web

14/08/2020