CRTVG

Buscar

Isidro Horrillos: "Está todo aberto, por que non aspirar a unha medalla?"

Publicado o 01/10/2019 16:26

O atletismo galego reborda fachenda coa actuación de Adrián Ben e non se regatean méritos para poñer na súa xusta dimensión o logrado polo viveirense.

Van aló 28 anos desde que un español se metera nunha final mundial dos 800. Será a segunda vez que o faga un galego e, á parte de desfrutar da carreira, as posibilidades de Ben céntranse tecnicamente no ritmo da proba.

Unha carreira rápida e untra traxectoria do atleta galego que pode lanzarse coma un raio con esta final, e visto o atrevemento co que se desenvolve aos seus 21 anos.

Adrián Ben parte coa peor marca de todos os finalistas, como xa lle pasou nas semifinais, pero o factor sorpresa volverá xogar ao seu favor.

Noticias web

01/10/2019