CRTVG

Buscar

Isabel Serra, condenada a 19 meses por atentado ao tentar frear un desafiuzamento

Publicado o 22/04/2020 12:13
Isabel Serra, condenada a 19 meses por atentado ao tentar frear un desafiuzamento

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid condenou a 19 meses de prisión a deputada de Unidas Podemos na Asemblea de Madrid Isabel Serra, polos delitos de atentado á autoridade, lesións leves e danos, a raíz do intento de frear un desafiuzamento no barrio madrileño de Lavapiés.

No ditame, a Sala imponlle á política unha multa de 2.400 euros e 19 meses de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo, á marxe da condena de prisión que, nun principio, non implicaría o ingreso no cárcere. Así mesmo, absólvea do delito de desordes públicas.

A Fiscalía pedía para a dirixente de Podemos unha pena de 23 meses de prisión e 5.200 euros de indemnización para dous axentes da Policía Municipal que quedaran feridos nos incidentes, en xaneiro de 2014. Serra sempre negou as acusacións e defendeu a súa inocencia.