Isa Serra, Podemos: "Sería bo que Puigdemont formase parte da solución"
Publicado o 07/07/2021 15:28
Podemos é partidario de que o expresidente Puigdemont forme parte das negociacións entre o Goberno e a Generalitat. A covoceira do partido avoga polo seu retorno e propón eliminar o delito de sedición do Código Penal. Para Isa Serra, "sería unha boa solución que Puigdemont fose parte precisamente da solución e non continuásemos xerando problemas".