CRTVG

Buscar

Irixoa é o primeiro concello de España cun proxecto de eficiencia enerxética

Publicado o 30/01/2018 21:11

Irixoa é o primeiro concello de España que conta cun proxecto de eficiencia enerxética. 

Trátase dun programa piloto de eficiencia enerxética na xestión da iluminación pública. Mediante o uso de luces led alimentadas por enerxía fotovoltaica, o concello de Irixoa consegue aforrar ata un 70% no consumo, uns 7.000 euros anuais, que se derivan a outro tipo de servizos. Un programa singular que pretende mellorar a calidade de vida dos veciños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2018