Irixoa, o concello galego coa taxa de contaxios máis elevada
Publicado o 07/12/2020 14:23
É un concello rural, coa veciñanza dispersa e cunha poboación reducida, co cal deberiamos agardar unha baixa incidencia da covid 19. A realidade é ben distinta, e Irixoa é o concello galego con maior incidencia, se excluímos Beariz e Castrelo de Miño cos seus gromos nas residencias. Neste concello coruñés os veciños din que hai certo temor.
Unha precaución que se nota na rúa e tamén na actividade dos negocios hostaleiros. A pregunta que se fan moitos é como puido comezar este gromo.
Hoxe respiraban aoó coñecer que esa taxa de 2.400 casos por cada 100.000 habitantes se reducía á metade grazas á curación de 17 veciños.