CRTVG

Buscar

Iriome sempre lle gaña a Osasuna

Publicado o 06/04/2019 14:09
O tinerfeño participou nas tres vitorias ante os navarros no Anxo Carro

O Lugo escolleu a Iriome como imaxe promocional do partido ante Osasuna. O tinerfeño representa mellor ca ninguén o ciclo triunfal ante os navarros que perderon nas tres visitas ao Anxo Carro, as tres con Iriome no campo. Incluso participou dunha vitoria no Sadar marcando un dos goles do equipo.

Iriome. C.D. Lugo. "Cuando penso en Osasuna teño bos recordos, dese mesmo partido que a nivel persoal saiu ben e na casa tamén tiven a sorte de que as cousas saíron ben ante este rival".

Das tres vitorias ante Osasuna no Anxo Carro, Iriome lembra especialmente a primeira por catro a tres logo ir dúas veces co marcador en contra. Para o extremo, ese partido debe ser un espello no que mirarse na actualidade.

Iriome. C.D. Lugo. "Ao final, a insistencia do equipo ata o último minuto, non baixar os brazos, estaría ben que o puidésemos estrapolar ao que nos imos encontrar, non só esta semana, senon de aquí ao final da temporada".

Por todo elo, Iriome anima a todos a partirse a gorxa para axudar ao equipo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/04/2019