Iriome: "Orgulloso de ver como a este club non lle sobran os cartos pero si a humanidade"
Publicado o 07/10/2021 15:25
E o Lugo-Xirora do sábado no Anxo Carro será unha homenaxe á xente da illa da Palma.
Lugo mostrará a súa solidariedade coas familias castigadas pola erupción do volcán Cumbre Vieja. O tinerfeño Iriome, que pouco a pouco volve dispor de minutos, mostra o seu agradecemento e a sensibilidade da cidade e da institución coa illa canaria.Vaise doar a recadación do partido.
"Orgulloso de ver como a este club non lle sobran os cartos pero si a humanidade", comentou Iriome sobre este asunto.