Irene Villa explica en Vigo como afronta os retos persoais e profesionais
Publicado o 30/10/2019 21:19
O 17 de outubro de 1991 Irene Villa e a súa nai eran vítimas dun atentado terrorista. Ela perdeu as dúas pernas e os dedos dunha man. Esta experiencia canbiou a súa vivda, os seus valores e convertéuse nun exemplo de superación.
Irene Villa falou sobre superación na sede de Afundación en Vigo, onde sorprendeu ao público polo xeito en que relatou as súas vivencias a través dunha charla.
Destacou que o medo é o que impide cumprir os nosos soños e fixo especial fincapé en que non existen máis barreiras e limitacións ca as que nos poñemos.
Irene Villa cree que hai que alimentar sempre a resilencia, a capacidade de levantarse cando un se cae. Loitar por estar como antes.
Máis sobre Vigo
24/02/2021 15:16
24/02/2021 13:58