CRTVG

Buscar

Irene Vilaboa, nova adestradora do Teucro e primeira muller técnica dun equipo masculino no balonmán español

Publicado o 04/06/2020 20:46

Irene Vilaboa: "A cuestión é por que non hai máis mulleres, non que eu o consiga. Eu e os meus xogadores vémolo con normalidade. Se podo abrir portas, ábroas, pero eu sempre perseguín os meus obxectivos. Tiven problemas por ser muller, pero nunca supuxeron un freo"

Estes homes xogarán a próxima temporada baixo a dirección de Irene Vilaboa, a nova adestradora do Teucro.
Irene Vilaboa: "O Obxectivo sempre é adestrar o máis alto posible. Faime ilusión que me chamase o Teucro porque é un equipo histórico que sigo desde sempre."
A viguesa vai ser a primeira muller que adestra na división de prata do balonman español, a categoría anterior á Asobal. Nos últimos nove anos dirixiu ó Bueu Atlético, equipo masculino no que fixo debutar ó actual xogador do Cangas, David Iglesias.
Irene Vilaboa: "A cuestión é por que non hai máis mulleres, non que eu o consiga. Eu e os meus xogadores vémolo con normalidade. Se podo abrir portas ábroas pero eu sempre perseguín os meus obxectivos. Tiven problemas por ser muller pero nunca supuxeron un freo"
Estará asistida pola súa irmá, Rosa Vilaboa, actual segunda adestradora do Teucro. Formarán un tandem inédito nas pistas do balonmán español.

Noticias web

04/06/2020