CRTVG

Buscar

Irene Vilaboa é a primeira muller que dirixe un equipo masculino nalgunha das dúas categorías principais do balonmán español

Publicado o 04/06/2020 16:00

Será a adestradora do Teucro. Antes pasou polo Bueu, o Porriño e o Guardés

Irene Vilaboa é a muller do día. A viguesa será a adestradora do Teucro a próxima temporada na división de prata.

É a primeira vez que unha muller entra neste ámbito profesional. Irene Vilaboa estivo oito anos co Bueu en categoría masculina e traballou no pasado co Porriño e co Guardés en categoría feminina.

Noticias web

04/06/2020