CRTVG

Buscar

Irene Montero, indemnizada por un poema que os tribunais cualifican de machista

Publicado o 08/11/2018 21:15

A voceira de Podemos no Congreso Irene Montero será indemnizada con 70.000 euros por un poema en que se aludía á súa persoa e que os tribunais cualificaron de machista. Publicouse o ano pasado na revista da asociación xudicial Francisco de Victoria. O maxistrado argumenta que cos versos do poema 'De monxas a deputadas' o autor erosiona a dignidade de Montero tanto como persoa como por ser muller. Por iso, condena o autor deste poema ao pago de 50.000 euros e 20.000 máis ao equipo de redacción por non supervisar o texto antes da súa publicación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018