CRTVG

Buscar

Irene Montero critica a decisión do Supremo de enviar a prisión a Juana Rivas

Publicado o 28/05/2021 16:44
Irene Montero critica a decisión do Supremo de enviar a prisión a Juana Rivas

A Ministra de Igualdade, Irene Monterou amosou o seu apoio a Juana Rivas, a muller que se negou a devolverlle os fillos ao pai, pese a que estaba obrigada pola xustiza.

Montero criticou a decisión do Supremo de enviala a prisión. Na súa conta de Twitter, pide "xustiza feminista para Juana Rivas" e promete traballar para que así sexa. E engade que está coas "mulleres que defenden os seus dereitos e os dos seus fillos e fillas fronte á violencia machista".

O Ministerio de Xustiza xa comezou a tramitar o indulto para Juana Rivas, condenada en firme a dous anos e medio de cárcere por non entregar os seus fillos ao pai no verán de 2017.

Noticias web

28/05/2021