CRTVG

Buscar

Irene Blanco, triple campioa do mundo

Publicado o 18/03/2019 18:02


E outra imaxe da fin de semana é a da haltera galega Irene Blanco. Aquí teñen a coruñesa erguendo 115 quilos en dous tempos no Campionato Mundial Sub 17. Por un cóbado anuláronlle esta marca, pero Irene decidiu non protestar. Non era necesario. Volveu das Vegas con tres ouros ao erguer 91 quilos en arrincada, 112 en dous tempos e 203 no total olímpico. É a primeira española que logra un palmarés deste calibre nun mundial sub 17. Irene Blanco volve dos Estados Unidos como tripla campioa do mundo na categoría de máis de 81 quilos.

Noticias web

18/03/2019