Irene Blanco, na casa logo de ser campioa do mundo: "Podo mellorar as miñas marcas"
Publicado o 22/03/2019 22:16
Irene Blanco vén de se proclamar tripla campioa do mundo de halterofilia sub-17 nas Vegas. Hoxe tocou rencontro cos seus, que a agardaban no aeroporto de Alvedro. Os compañeiros do Club Halterofilia Coruña organizaron un emotivo recibimento á altura de toda unha campioa.
Irene camiña con paso firme e está convencida de que seguirá mellorando: "Emocioneime moito, sabía que ían vir, e que ía vir Ferenc, e decidín darlle unha sorpresa tamén a el. Sabía que era accesible, puxen todo para que fose real, gocei un montón. A última cargada, con 115, non sentín que pesara nada, mesmo creo que foi a mellor das tres. Traballando detalles técnicos si que podo mellorar a curto prazo."