CRTVG

Buscar

Irán recoñece que derribou "por erro" o avión ucraíno no que morreron 176 persoas

Publicado o 11/01/2020 09:35

Tras negalo durante días, Irán recoñece que derribou involuntariamente o avión ucraíno no que morreron 176 persoas o mércores. A Garda Revolucionaria de Irán asumiu a responsabilidade e explicou que o operador do sistema de defensa confundiu o aparello cun "mísil de cruceiro". O comandante da Forza Aeroespacial deste corpo militar de elite, Amir Alí Hayizadeh, dixo nunha comparecencia televisada que o operador, antes de disparar, tratou de contactar cos seus mandos para obter a aprobación pero o sistema de comunicación deu erro e tomou "unha mala decisión". 

Entre os 176 mortos no avión, ademais de iranianos, hai 57 canadenses e tamén cidadáns do Reino Unido, Suecia, Afganistán e Ucraína.

 

Noticias web

11/01/2020