CRTVG

Buscar

Irán dá 60 días de prazo para salvar o pacto nuclear

Publicado o 08/05/2019 20:28

Irán anuncia que deixará de cumprir parte dos compromisos do acordo nuclear asinado en 2015, e que non limitará as súas reservas de uranio enriquecido nin de auga pesada, tal e como asinara.
Ademais, dálles un prazo de 60 días ao resto de países para que decidan se seguen os pasos dos Estados Unidos e abandonan o pacto ou o salvan, cumprindo co compromiso de axudar a Irán.

A decisión puxo en alerta as principais potencias internacionais e eleva a tensión cos Estados Unidos. Washintong xa anunciou que está preparando novas sancións contra Irán e pídelle a Europa que non ceda á súa chantaxe.

Noticias web

08/05/2019