CRTVG

Buscar

Invitan a cear polo Nadal os maiores que están sós

Publicado o 25/12/2019 21:12

María, aínda que todos a coñecen como Maruja, ten 92 anos e vive nunha aldea a cinco quilómetros de San Xoán de Río. Foi a traballadora social do Concello a que lle falou da posibilidade de pasar algúns días do Nadal acompañada. Non tivo que pensalo demasiado. Onte ceou, quedou a durmir e tamén asistiu ao xantar de Nadal.

Estreouse coa Noiteboa e seguro que arrancará o 2020 acompañada, e poderá repetir tamén a noite de Reis. Nesta residencia de maiores de San Xoán de Río din que teñen oco de sobra para todos os que queiran unirse. Non hai que preocuparse das ceas nin de onde durmir. E tampouco do transporte, que vai por conta do Concello.

Xa ven, todo facilidades. E non só aquí, tamén na residencia de Parada de Sil teñen unha iniciativa similar. Todo de balde, para que a súa única preocupación sexa a de gozar do Nadal.

Noticias web

25/12/2019