CRTVG

Buscar

Investígase como crime machista a morte dunha parella a tiros en Puertollano

Publicado o 13/01/2020 13:55

 

A Policía Nacional investiga a morte dunha parella na localidade de Puertollano, en Cidade Real. Ambos os dous tiñan feridas de bala e todo indica que o home matou a muller e posteriorente se suicidou. Sería o segundo crime machista en España no que vai de ano.

Os corpos sen vida de ambos os dous apareceron onte á tarde no interior do domicilio pero, segundo as primeiras investigacións, poderían levar mortos varios días.

Algúns veciños indicaron aos axentes que escoitaran dous disparos no piso entre a noite do xoves e a madrugada do venres.

A muller morta, de 61 anos, era de nacionalidade ucraína e el español, de 53, que segundo a familia tiña licenza de armas.

De confirmarse que se tratou dun crime machista, sería o segundo que se comete en España nestes trece primeiros días do ano.

Noticias web

13/01/2020