CRTVG

Buscar

Investígase a aparición dun cadáver dentro dun coche en Vilaxoán

Publicado o 04/06/2019 14:35

Investigan a aparición dun corpo dentro dun turismo en Vilaxoán, no concello de Vilagarcía.  O vehículo estaba parado moi preto dun supermercado. O levantamento do cadáver produciuse contra a unha da madrugada e foi trasladado ao IMELGA de Pontevedra para identificalo e esclarecer as circunstancias do falecemento.

De momento, todas as hipóteses están abertas e non transcendeu se o corpo presentaba sinais de violencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019