CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Investíganse as causas do incendio dun edifico ocupado nun barrio na Coruña no que os veciños denuncian inseguridade

Publicado o 11/09/2018 21:20

Esta tarde reactivouse o incendio rexistrado nun edificio ocupado na Coruña e os bombeiros tiveron que volver a intervir para apagar algún rescoldo e traballar no desentullo. Mentres, avanza a investigación para poder confirmar as causas das lapas. Sobre o inmoble da rúa Socorro, no barrio do Orzán, segundo adiantaba un representante da propiedade, había unha denuncia previa por ocupación ilegal. De feito algúns veciños afirmaron que o lume prendeu tras unha discusión entre okupas, pero dixeron temer formalizar ese testemuño por medio a represalias. Temen tamén que aínda que o edificio quedou en ruínas volvan os okupas que, para algúns veciños, son a principal causa de inseguridade na zona, que levan tempo denunciando.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018