Investigan unha violación grupal en Bilbao, que a vítima soubo ao encontrar fotos súas espida
Publicado o 27/09/2021 10:52
Segunda violación grupal en menos dun mes en Euskadi. A vítima, unha mulller de mediana idade, acudiu denunciar á comisaría que fora drogada e agredida sexualmente, logo de sentir molestias físicas e atopar un móbil, que non era dela, en que aparecían fotos súas espida cuns homes. A muller non recordaba moitas cousas da agresión.
A Ertzaintza abriu unha investigación por presunta violación múltiple. Podería tratarse de catro homes e, segundo recolle o Diario Vasco, os feitos sucederon nun piso nos arredores da zona vella de Bilbao na madrugada do venres ao sábado.