CRTVG

Buscar

Investigan unha veciña da comarca de Tabeiros-Terra de Monte por esixirlle fotografías íntimas a unha menor

Publicado o 24/05/2019 19:15

A Garda Civil investiga penalmente unha veciña da comarca de Tabeiros- Terra de Monte por esixirlle fotografías íntimas a unha menor. Os investigadores sospeitan que as mensaxes amenazadoras fixéronse a través da liña wifi que ten na súa casa, pero que podería ter sido utilizada polo seu fillo, tamén menor de idade. A nai da nena extorsionada de 13 anos denunciou que a súa filla recibira mensaxes esixindo fotografias de carácter sexual. A Garda civil remitió copia das actuacións á fiscalía de menores ante a sospeita de que o responsable fora o fillo da titular da liña. As autoridades alertan da necesidade de que os pais supervisen a actividade dos fillos nas redes sociais

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019