CRTVG

Buscar

Investigan unha vaga de roubos en cafeterías do Morrazo

Publicado o 20/01/2020 14:31

Nunha cafetería aínda quedan as pegadas do último roubo que se produciu neste tipo de establecementos en Moaña. Os asaltantes romperon a cristaleira, entraron no local e fuxiron co diñeiro da máquina comercartos. Sucedeu de madrugada e moi á présa.

O mesmo 'modus operandi' coñéceno ben nestoutra cafetería de Moaña que sufriu dous roubos idénticos en só quince días.

Os afectados lamentan que non haxa máis presenza policial na zona para evitar os asaltos.

É o cuarto roubo co mesmo 'modus operandi' que se produciu en Moaña nos últimos tres meses. A Garda Civil investiga os feitos, pero polo momento non se produciron detencións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020