Investigan unha trama de narcotráfico que enviou cocaína por correo a Galicia
Publicado o 15/07/2021 14:25

As forzas de seguridade investigan na provincia de Pontevedra os vínculos dunha trama de narcotráfico que enviou cocaína por correo desde O Brasil.
Hai cinco meses detiveron unha veciña de Vilagarcía de Arousa cando, presuntamente, ía recoller nas oficinas de Correos de Caldas de Reis e de Sanxenxo cadanseu paquete nos que viñan en total preto de cinco quilos de cocaína.
A muller está en liberdade provisional sen fianza, pero ten retirado o pasaporte e está obrigada a comparecer no xulgado cada semana.