CRTVG

Buscar

Investigan unha terceira agresion sexual en Barcelona en cinco días

Publicado o 22/08/2019 15:17

Os Mossos d´Esquadra investigan unha nova agresión sexual a unha muller en Barcelona.A agresión ocorreu esta mañá no barrio de Horta e a vítima presentará denuncia nas próximas horas.

É a terceira investigación aberta por esta causa na cidade nos últimos 5 días. O luns unha muller denunciou unha violación ocorrida o día anterior e este mércores presentábase a segunda denuncia por agresión sexual. Polo momento non hai detidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019