Investigan unha suba récord da luz de máis de 11.000 euros megawatts/hora
Publicado o 10/05/2019 16:54
Investígase unha estraña suba do prezo da luz, que o pasado martes se disparou por espazo dunha hora. O tema está en mans da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
Nada menos que un 20.000 por cento durante case unha hora. Ocorreu na tarde deste pasado martes, entre as oito e as nove do serán, cando se rexistrou unha desviación de case 1.300 euros por megawatts/hora, ata deixar o seu prezo en case 11.500 euros.
Desde a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia aclaran, non obstante, que a incidencia non repercutirá apenas no recibo mensual dos consumidores. Pero a orixe desta suba tan repentina está aínda por aclarar, e fontes da comisión piden medidas regulatorias para evitar que volva producirse.