CRTVG

Buscar

Investigan unha segunda agresión sexual durante as festas de Rianxo

Publicado o 14/07/2019 14:40
Investigan unha segunda agresión sexual durante as festas de Rianxo

As festas de Rianxo víronse alteradas por varios incidentes, que mesmo obrigaron a suspender a verbena do venres. 

A Garda Civil detivo o responsable dunha atracción de feira ao que unha empregada acusa de abusos sexuais, logo de que ela se negase a manter relacións con el.

A Polícia Local e a Garda Civil tamén investigan outro episodio que se viviu no campo da festa esa mesma noite. Un home espido perseguiu e acosou dúas mulleres. Tras este incidente, a comisión de festas decidiu suspender a verbena. Os axentes teñen identificado xa o protagonista deste incidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019