CRTVG

Buscar

Investigan unha presunta agresión sexual a unha turista norueguesa en Barcelona

Publicado o 25/08/2019 12:12
Investigan unha presunta agresión sexual a unha turista norueguesa en Barcelona

Os Mossos d'Esquadra investigan unha presunta agresión sexual a una moza norueguesa de 20 anos en Barcelona. Aconteceu esta madrugada, na praza Gaudí, arredor das 7, tal e como apuntan os Mossos, a moza foi atendida en primeira instancia poa Garda Urbana de Barcelona e trasladada ao hospital Clínic de Barcelona.

Os Mossos d'Esquadra puideron falar máis tarde coa moza agredida, que, de momento, non quixo presentar denuncia. Con todo, os Mossos iniciaron unha investigación para dar cos presuntos responsables. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí