CRTVG

Buscar

Investigan unha lea multitudinaria cun ferido en Monforte de Lemos

Publicado o 22/03/2021 13:44

Armados con cadeiras e con mesas dunha terrraza. Así pelexaron unha decena de persoas no exterior dun establecemento 24 horas no centro de Monforte. Un dos implicados acabou ferido, ao lle bateren na cabeza coa esquina dunha mesa, polo que foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao hospital monfortino.

Penka Velichkova, dona do 24 horas"Beberon e de súpeto viñeron outros, que se puxeron a insultar e sí empezou. O mozo ao que lle deron coa mesa na cabeza levouno unha ambulancia ao hospital, e os outros quedaron por aquí coa policía".

Ademais de mobiliario, os participantes no altercado tamen romperon os vasos e as botellas que había nas mesas da terraza.

Penka Velichkova, dona do 24 horas: "Rompeu unha esquiniña da mesa coa que lle deron ao mozo na cabeza, e estaba isto cheo de botellas e de vasos rotos. O que lle deron na cabeza caeu aquí na porta".

Foi precisa a intervención de varias patrullas dos distintos corpos policiais, aínda que non se chegaron a practicar detencións.

 

Noticias web

22/03/2021